Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Anxo M. Minguillón lanza o seu primeiro traballo de divulgación artística

Anxo Manuel Minguillon
Anxo M. Minguillón lanza o seu primeiro traballo de divulgación artística

Pasa case todos os veráns na praia Langosteira, na casa duns amigos de toda a vida, e coñece cada grao de area do Rostro e Mar de Fóra. Así que este 2022 seguro que cae algunha presentación pola fin da terra do seu primeiro traballo. Falamos do santiagués Anxo M. Minguillón, médico de profesión pero amante da arte, como o demostra a publicación oficial do libro «Por amor á arte».

Nesta obra divulgativa trata sobre a pintura universal, con máis de 65 comentarios sobre os artistas máis importantes da historia, todos eles acompañados dunha imaxe dunha das composicións máis representativas de cada autor.

Dirixida a un público amplo e escrita cunha linguaxe ameno e actual, «Por amor á arte» está á venda e/ou encargo en librerías e grandes plataformas, así como na web www.libros.cc. Así mesmo, un 15% do beneficio total obtido por cada venda destinarase á Confederación Saúde Mental España.

Comentarios