mércores. 04.12.2024
El tiempo

Arte e vermú na Casa das Peritas, un sopro de aire fresco á cultura da Costa da Morte

Arte e vermú na Casa das Peritas, un sopro de aire fresco á cultura da Costa da Morte
Exposicion dos Senores Importantes na Casa das Peritas de Mallas Exposición dos Señores Importantes na Casa das Peritas de Mallas Unha fiestra aberta en Mallas deixa entrar un sopro de aire fresco ao verán cultural da Costa da Morte. Desde o venres 13 de xullo ata o 2 de setembro, A Casa das Peritas, obradoiro da artista Natasha Lelenco na aldea de Mallas, en Fisterra, volverá abrir as súas portas como ocasional galería de arte. Faino cunha exposición que poderá visitarse os venres, sábados e domingos entre as 12:00h e as 14:00h, nunha experiencia que unirá a proposta artística de Natasha Lelenco, a da artista convidada, Luisa Álvarez e o convite aos visitantes a probar os Vermús Petroni producidos pola empresa padronesa Vermutería de Galicia, patrocinadora da exposición. obra de Natasha Lelenco_losientotampocosoydeaqui copia Obra de Natasha Lelenco Obra de Luisa Alvarez Obra de Luisa Alvarez A mostra combinará cun novo formato o traballo pictórico da promotora do espazo xunto cunha selección de obras dunha artista convidada que nesta ocasión é Luisa Álvarez, artista de orixe ourensana afincada en Madrid que emprega a luz como canle de comunicación e elemento plástico. Tanto en proxectos individuais como exposicións colectivas, a obra de Luisa Álvarez foi exposta en espazos como La Neomudejar ou el Matadero (Madrid), ou o Museo Guggenheim de Nova Iork. A Casa da Peritas traerá unha selección de traballos que teñen o neón como protagonista. Pola súa parte, Natasha Lelenco, exporá traballos inéditos e unha selección de edicións limitadas asociadas aos proxectos “Iconos familiares” e “Señores Importantes”, proxectos cos que este ano 2018 participou en Hybrid Art Fair & Festival (Madrid),  Arst Libris (Barcelona) ou Librarte (Burgos). Poderá visitarse os venres, sábados e domingos entre as 12:00h e as 14:00h, salvo que se concerte previamente unha visita privada en calquera outro horario, para o que se pode chamar ao 630753448. Estudio de arte e galería ocasional A deste verán será a terceira exposición comisariada no espazo expositivo da Casa das Peritas, unha casa de aldea situada no núcleo rural de Mallas, Fisterra, rehabilitada recentemente como estudio de arte e que conta na súa planta baixa cunha sala de exposicións. A Casa das Peritas recibe o seu nome do alcume das fillas do perito agrimensor que a construíu nas primeiras décadas do século XIX. Restaurada como vivenda e estudio de arte, a casa acolle o obradoiro da artista Natasha Lelenco e abre as súas portas, ocasionalmente, como espazo expositivo e de acción cultural. Segundo os seus promotores, “a idea é programar accións culturais puntuais, curadas expresamente e que se centran na experiencia sosegada e na relación entre visitantes e veciñanza.” Cartaz da apertura da Casa das Peritas-Fisterra Cómo chegar A Casa está situda no núcleo da aldea de Mallas, nunha rúa de acceso estreito, polo que se se visita en coche se aconsella circunvalar a aldea e estacionar na entrada traseira da mesma, entre o núcleo de Vigo e Mallas, na proximidade dos contentores de lixo e acceder a rúa facendo unha breve camiñada. Máis info en www.natashalelenco.com

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-mecenas-salvan-da-queima-do-san-xoan-parte-do-gran-libro-dos-senores-importantes/ https://quepasanacosta.gal/a-casa-das-peritas-unha-nova-galeria-no-rural-da-costa-da-morte/

Fonte

Comentarios