Artellando unha homenaxe aos Voluntarios do Prestige que cambiaron a Costa

11:30 19/11/10

Grande homenaxe polo 10º aniversario
Para recuperar toda esa memoria histórica e agradecer a labor dos voluntarios, Sole está comezando a preparar unha grande homenaxe de cara ao 2010, para que coincida co 10º aniversario do accidente. O Concello de Muxía xa realizou unha homenaxe aos voluntarios a finais do 2007. Unha homenaxe polo 5º aniversario moi bonita pero que non chegou a todas as partes. E a Costa segue a ter unha débeda cos Voluntarios. Este proxecto, con 2 anos de marxe, pretende englobar a toda clase de entidades, sociais, políticas, culturais... para que entre todos se consiga agradecer de corazón aos milleiros os preto de 70.000 voluntarios que se achegaron pola Costa da Morte naqueles negros meses de 2002 e 2003. Xa hai apoios en firme e sobre todo, "ideas como area" ou "mareas de ideas", como lle din pola vila do Cristo. De feito, As Crebas, ese grupo fisterrán de teatro de rúa, terá o seu protagonismo de seguro.Grupo de Facebook Voluntarios do prestige na "costa da morte"
Foi precisamente Sole a que abriu o novo Grupo de Facebook Voluntarios do prestige na "costa da morte". Un Grupo que pretende recoller as experiencias de todas aquelas persoas que se achegaron pola Costa e durmiron nos pavillóns de Muxía, Corcubión, Fisterra, Camelle, Carnota, Corme, etc... Aberto queda este grupo para se vaia adherindo voluntarios de todo o mundo. Españoles, portugueses, xaponeses, europeos, estadounidenses, arxentinos... E aberto está para que se depuren por fin responsabilidades, tanto a nivel legal como político, para que os estudios determinen os efectos reais do chapapote na costa e nos corpos dos voluntarios... Para todo isto, poden buscar polo Facebook Voluntarios do prestige na "costa da morte". E de paso vaian dando ideas para a homenaxe do 2012.Novas relacionadas
- O Museo do Mar de Vigo abre un ciclo de exposicións coa Costa da Morte de protagonista.
- A cara máis íntima do naufraxio: O María Benita.
- A conmovedora homenaxe ao Serpent xa é unha referencia na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.galEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
- Fotos extraídas do Grupo de Facebook oluntarios do prestige na "costa da morte".