sábado. 10.05.2025
El tiempo

As rúas de Fisterra, escenario cultural e de artesanía

As rúas de Fisterra, escenario cultural e de artesanía
Artesania e Cultura xa invadiron Fisterra na Feira do Inverno Artesanía e Cultura xa invadiron Fisterra na Feira do Inverno

Nova cita ca artesanía que prepara o concello de Fisterra. Os vindeiros 30 de abril e 1 de maio celebrarán a I Feira na Rúa, baixo o lema Cultura na Rúa, pretendendo no só fomentar a mostra e a venda da artesanía galega e propiamente fisterrá, senón tamén facer da rúa un espazo aberto á cultura. Varias compañías de teatro e música, tanto de fóra como de fisterráns, realizarán diferentes actuacións,.

A rúa será polo tanto un imaxinario escenario onde ademais desas actividades contará con exposicións, demostracións en vivo e talleres.

Piden dende o Concello a colaboración dos veciños e dos establecementos comerciais (especialmente os da Rúa Real, que durante esas xornadas estará pechada ao tráfico) a que se vistan con traxes representativos de Galicia definais século XIX principios do XX e a que engalanen as portas dos seus locais e casas nese ambiente galego.

Ademais, animan a artesáns da zona a inscribirse para ter un posto na Feira. Poden facelo desde o día 7 de marzo ata o 15 de abril, na Concellería de Cultura do Concello de Fisterra, no teléfono 981.74.00.01 Ext 6 (de 9:30 a 15:00 h) ou no correo culturafisterra@hotmail.com.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios