Luns. 06.05.2024
El tiempo

Bailando e compoñendo en galego e ca Bocaberta

Bailando e compoñendo en galego e ca Bocaberta
Esta pasada fin de semana o programa Bocaberta achegaba ata a fin do mundo unha proposta moi especial. Moito máis especial probablemente do que a Costa se poida imaxinar, i é que os responsables de impartir o obradoiro e o concerto acústico forman a vangarda da "música ghallegha daghora". Carlos Valcárcel, da rompedora banda Projecto Mourente, e a banda popeira The Homens fixeron que os máis pequechos da vila do Cristo bailasen, en galego. E iso que á mesma hora había fútbol, o que provocou que moitos nenos tiveran que velos partidos cos seus pais... Así no lo conta Sole Méndez, veciña fisterrá que non perde a ocasión de aprender. "A verdade é que quedei ca bocaberta", cóntanos Sole sobre o obradoiro que impartíu Valcárcel, no que ensinaba aos pequechos (e aos non tanto) a facer música dende o seu ordenador. "É impresionante o que as novas tecnoloxías poñen o noso alcance", afirma Sole. Profesor de francés, Valcárcel parecía mestre de música de toda a vida. 100 minutos de intensa clase, pero os pequechos non perderon unha palabra do "breve pero gratificante percorrido pola maioria dos instrumentos (percusión, vento, corda) que ten o aparatiño este". Acabaron compoñendo algún dos alumnos e ata un par de nenos fixeron unha melodía moi "chula". O que máis lles prestou aos cativos foi a percusión, porque podían tocar o "aquel" todos a vez... Iso si, malia que as dúas bandas son a vangarda pop do país, o destes cativos é "o rock con tintes de heavy metal, un pouquiño de rap e flipan coas mezclas de house, tecno e demais", explica Sole, i é que tamén fixeron os seus pinitos como Djs. Ao remate do obradoiro, calzaron as botas os The Homens. O "flamante e noviño de paquete" salón de actos non tiña espacio para bailar polo que só os máis atrevidos (como algún Insua pequecho con gañas de marcha) notaron unhas pezas.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios