As baleas volven por Fisterra
Menuda emoción sentiron os tripulantes do María Helena de Cruceros Fisterra o pasado xoves cando recibiron a visita dunha balea. Xa están acostumados aos amigos golfiños, sempre xoguetóns, pero a visita, tan cercana, deste espectacular cetáceo fixo alucinar ata os propios tripulantes.
Tamén o Taximar Robinson da Lobeira puido disfrutar do espectáculo, parecido ao que viron o pasado mes as xentes do Cemma, nunha viaxe na que se cruzaron con golfiños, candorcas, baleas alibrancas e tiburóns peregrinos. De feito, dende a Coordinadora de Estudo dos Mamíferos Mariños informan de que teñen identificado o grupo de candorcas avistadas enxullo, formado 6 exemplares (dous machos adultos, dúas femias adultas -unha delas cun cachorro- e un adolescente) e que xa foran vistas no sur da península, no golfo de Cádiz.
Así mesmo, o pasado venres, Buceo Finisterre tamén disfrutaba desta visita no marco dos embarques participativos do CEMMA: