Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Bela Fisterra, recoñecido pola súa exemplar instalación xeotérmica

ACLUXEGA no Bela Fisterra-Foto-Luis Polo 2
Pepe Formoso co distintivo de ACLUXEGA entre o Conselleiro Francisco Conde e a Directora de Turismo de Galicia Nava Castro-Foto-Luis Polo
O Bela Fisterra, recoñecido pola súa exemplar instalación xeotérmica

Onte tivo lugar no Hotel Bela Fisterra un acto de entrega de recoñecementos polo uso da enerxía xeotérmica nos establecimentos. A xeotermia é unha enerxía renovable cun alto potencial en Galicia, sobre todo por ter un subsolo adecuado cunha conductividade térmica moi alta. E dende 2018, a marca Galicia Calidade colaborara con ACLUXEGA para crear un distintivo que recoñeza os establecimentos que realizan as súas instalacións cuns estándares de alta calidade en relación a este aproveitamento enerxético.

Un deles é o propio hotel fisterrán, e unha comitiva completa da Xunta achegouse para facer entrega a Pepe Formoso do distintivo Calidade ACLUXEGA - Galicia Calidade pola instalación de climatización con enerxía xeotérmica.

Un distintivo que recoñece as instalacións que foron planificadas, “pensadas para elevar os estándares de calidade e ter unha garantía de éxito por encima da media cunha eficiencia e fiabilidad ecomprobada por unha auditoría externa realizada por ENERGYLAB, que colaborou con ACLUXEGA desde a posta en marcha da marca, e supón a esixencia dun dun SPF igual ou maior que 4,3, por suposto co cumprimento de toda a normativa e requisitos legais destas instalacións e ademais coa inclusión de contadores térmicos e eléctricos externos”.

Ademais, a empresa Energanova recibiu a Licenza de Uso de Marca Galicia Calidade.

ACLUXEGA no Bela Fisterra-Foto-Luis Polo 4ACLUXEGA no Bela Fisterra-Foto-Luis Polo 3ACLUXEGA no Bela Fisterra-Foto-Luis Polo

Comentarios