Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Castromiñán, o tesouro agochado

Castromiñán, o tesouro agochado

Fálase e fálase do Castro A Cibdá de Borneiro, non sen razón. Pero por que sabemos tan pouco de Castromiñán?

Xa o apuntaba Manuel Gago na entrevista que lle fixemos en QPC como o seu recuncho preferido da Costa da Morte, e mais no seu blog no que fala do castro fisterrán como un descoñecido tesouro do patrimonio natural e histórico de Galicia.

Dende os tempos de Alonso Romero o do médico local Francisco Esmorís, aló polos anos 50, os estudios sobre o lugar brillan pola súa ausencia. O desinterese de administracións locais e nacionais non deixa de ser un reflexo da ignorancia dos nosos gobernantes. Dos nosos gobernantes pero tamén dalgún veciño desalmado como podemos ver na foto de abaixo.

Pero volvendo a maxia deste lugar onde o imaxinario, o mito aumenta unha vez que sabemos que o Casón estampouse contras as rochas xusto embaixo do castro, facendo, como apunta Gago que "mito, realidade, historia, memoria, todo se combine co vento e o mar".

Especialistas atrévense a catalogalo como "un dos máis espectaculares castros costeiros de Galicia". Ademais a súa lonxana situación demográfica libérano de actuacións e permanece perfectamente conservado.

Sen máis, non perdades o artigo completo en capitulocero.org que non ten perda nin sequera os comentarios.

Fonte e Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios