Cita teatreira con Amorodo en Fisterra
08:27 21/01/23
O vindeiro sábado 28 de xaneiro, ás 19:00h, o Salón de Actos do Concello de Fisterra acolle a visita da compañía Amorodio Teatro co seu novo espectáculo teatral “A Nai”.
”A Nai” é unha viaxe no tempo que explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral”.
En escena veremos a Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Raquel Velasco.