Venres. 26.04.2024
El tiempo

Contra a anárquica sinalización turística de Fisterra

Contra a anárquica sinalización turística de Fisterra
Unha parece chea de sinais a entrada de Fisterra Unha parece chea de rótulos a entrada de Fisterra

Un tema recurrente na vila do Cristo este da sinalización hostaleira en Fisterra. Parece que cada establecimento pode colocar o seu cartel onde guste. Unha práctica que, pola contra, non lle gusta aos membros da Asociación de Veciños Costa da Morte. Precisamente veñen de presentar un escrito reclamando unha Ordenanza que regule a sinalización de albergues e outros servizos turísticos, pola “aparente anarquía que existe e que a fea a imaxe turística de Fisterra”.

Faino patente a entidade neste comezo da tempada turística, cando comeza a “proliferación de rótulos” dos que “o seu número, así, como, polas súas formas diferentes e os lugares nos que se colocan, dá unha sensación de existir unha total anarquía a este respecto, contribuíndo con isto a dar un mal aspecto á imaxe turística e ao ornato da vila”.

Lembran que xa hai uns meses solicitaron ao Concello “a necesidade de establecer unha ordenanza municipal que regule e normalice este tipo de sinais publicitarios dunha forma homoxénea e en igualdade de condicións para todos os establecementos e evitar a situación actua”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios