mércores. 30.04.2025
El tiempo

A choiva non puido coa fe da Semana Santa de Fisterra

Procesion Semana Santa Fisterra 2025-Foto-Steffen Pfeiffer 2
Foto-Steffen Pfeiffer
A choiva non puido coa fe da Semana Santa de Fisterra

Ademais das visitas a Camariñas e Carnota, a Semana Santa da Costa da Morte non pode deixar de entenderse sen as procesións de Fisterra. A vila do Cristo volveu demostrar o poder da tradición, que convirte estes actos relixiosos en auténticos símbolos sociais e etnográficos de toda unha comarca, cunha implicación do pobo fisterrán que non se dá nin sequera co fútbol.

Este ano a choiva estivo moi presente, e seguro que provocou unha menor presenza de xentes doutras provincias, pero o pobo volveu a responder enchendo as igrexas, acompañando as imaxes nas procesións, e sobre todo, participando na milagre do Domingo de Resurrección. Si, coma sempre acontece, tras 4 dias (mesmo durante a mañanciña dominical) chovendo, abriuse o ceo para a representación máis famosa da Semana Santa galega.

Procesion Semana Santa Fisterra 2025-Foto-Steffen Pfeiffer
Procesións baixo a chuvia. Foto-Steffen Pfeiffer

A Semana Santa comezaba co sol do Venres das Dolores e o Domingo de Ramos. Moi sentida foi a primeira procesión do Venres das Dolores, con moita xente un silencio sepulcral.

Xa o Xoves Santo, a igrexa estaba a rebosar para a última Cea, pero a procesión non puido saír pola choiva. O Venres Santo si que puido saír para o Santo Encontro, pois parecía que o ceo daba unha tregua. Pero como a procesión dura dúas horas, na última media hora comezou a chover fortemente provocando a caída do Nazareno, un susto que non queda máis que un par de rasguños na imaxe. A praza da Constitución viviu o encontro entre paraugas.

Procesion Semana Santa Fisterra 2025-Foto-Steffen Pfeiffer 3
Procesión do Santo Encontro -Foto-Steffen Pfeiffer

Na tarde do venres tarde, no Desencravo volveu encherse a igrexa, cun besapés do Cristo que durou unha hora, con xente pasando e pasando. Aí si que a Xunta de Confrarías tiveron que suspender a procesión do Santo Enterro polo forte vento, con refachos de 80-90 km/h, para non danar as imaxes.

Tamén houbo que aprazar a verbena do Sábado de Gloria, pola alerta laranxa na costa, e amarela en terra.

Pero coma sempre, obrouse a milagre para o Domingo de Resurrección. Comezaba a mañá chovendo pero ás 12:00h abriuse o ceo para a representación da Resurrección de Cristo, tanto no campo como na propia Igrexa de Santa María das Areas, onde non cabía un alfiente.

A noita dominical pechouse coa Panorama, e a verbena continúa na xornada para a xente da casa, con festa infantil e algo de orquesteo.

Máis novas

Comentarios