![]()
Un mapa ilustrado, editado en castelán e en galego, e con información sobre as diferentes etapas e concellos polos que pasa o
Camiño a Fisterra e Muxía xa está dispoñible nas distintas ofincias de Correos. Así o anunciou o pasado venres o director da zona 1 de Correos, Ángel Pérez, durante a presentación do mapa que tivo lugar en Fisterra na que estivo acompañado polo alcalde da vila, José Manuel Marcote.
![presentacion-fisterra-mapa-correos]()
O director da Zona 1 de Correos e o alcalde de Fisterra presentaron o mapa o pasado venres O mapa recolle ademais información sobre varios puntos turísticos polos que discorre o Camiño tales como ponte Maceira, o monte de San Pedro Mártir de Cee, Corcubión, o faro de Fisterra, o santuario da Virxe da Barca,... Ademais o mapa ten un espazo no que poder colocar os selos necesarios para obter a Fisterrana ou a Muxiana. Correos repartirá o mapa nas diferentes oficinas postais que ten en Santiago de Compostela (na rúa do Franco e na propia oficina de atención ao perigrino na rúa Carretas), nas poboacións próximas e nas oficina do Camiño a Fisterra e Muxía. O mapa pode descargarse tamén a través da páxina web
www.elcaminoconcorreos.com.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Correos