Un coruñes e un fisterrán, finalistas da Winamax Póker Tour tras gañar a etapa da Coruña
O Winamax Póker Tour, é o maior torneo de póker gratuíto celebrado en España. Un torneo itinerante que percorre o país que serve de experiencia experiencia única para xogadores afeccionados. Esta fin de semana celebrouse a segunda etapa, que rematou na Coruña. O torneo tivo lugar o sábado no Casino Atlántico, e tivo unha etapa competitiva, coa participación de 107 xogadores.
E os campións da xornada foron o coruñés César P. (de alcume "Cesar p99”) e o fisterrán Eduardo Rivas ("NoGanoFlip”), que conseguen así entradas gratuítas para a Gran Final, que se celebrará en febreiro en Madrid.
Van 19 finalistas e aínda quedan moitos que se irán determinando nos 22 pases que se realizarán nesta singular liga e que en vindeiras datas pasa por Málaga, Zaragoza, Murcia, Ondara, Bilbao e Castellón.