A Costa da Morte suspende a Semana Santa

Imaxe dunha procesión de Semana Santa do anos pasados

Un dos momentos máis importantes para o sector turístico da Costa da Morte bota o peche. Trala cancelación da Mostra do Encaixe de Camariñas e da Mostra Víndemo Ver de Carnota, A Xunta de Confrarías de Fisterra vén de tomar a decisión de suspender a Semana Santa de Fisterra.

O gran evento da comarca nestas datas, e un dos reclamos turísticos máis importantes, acordou suspender todos os actos litúrxicos e procesións programadas. Fíxoo só un día despois de posponer a decisión, tras analizar con todas as Confrarías do país.

Deste xeito, os tres eventos que se estaban establecendo como gran foco de atracción na comarca pola Semana Santa botan o peche, dando conta da corentena que estamos vivindo.

Todas as novas do Coronavirus