Luns. 06.04.2020
El tiempo

#CORONAVIRUS

Avalancha de suspensións na Costa da Morte para conter o coronavirus

  • 12-03-20: Máis cancelacións: A Xunta suspende as clases e Camariñas a Mostra do Encaixe
  • A RFGF suspende todas as competicións autonómicas durante dúas semanas
  • A AECC suspende as súas charlas e ceas solidarias na comarca
  • Carballo adía o Festival Carballo Interplay
  • Aprazado o I Simposio de 'Envellecemento e Discapacidade'

 

Campos como os de Aliña, en Muxía, estarán baleiros esta fin de semana pola suspensión de todas as competicións autonómicas
Campos como os de Aliña, en Muxía, estarán baleiros esta fin de semana pola suspensión de todas as competicións autonómicas
Avalancha de suspensións na Costa da Morte para conter o coronavirus

As medidas de contención do coronavirus comezan a afectar xa directamente á Costa da Morte. Despois da falsa alarma de Santa Comba, de analizar a incidencia inmediata no sector turístico e de desmentir os numerosos bulos que corren pola comarca (non, a 11 de marzo non hai casos confirmados nin en Cee, nin en Corcubión, nin en Xaviña…), toca analizar as primeiras consecuencias das medidas de prevención que están tomando as autoridades.

Dende as charlas e ceas solidarias da AECC, pasando por todas as ligas do fútbol modesto e base, ata o mesmo festival Carballo Interplay vense afectados polo COVID-19.

A RFGF suspende todas as competicións 2 semanas

A Real Federación Galega de Fútbol vén de anunciar que suspende, dende este xoves, todas as competicións de ámbito autonómico durante estas vindeiras dúas semanas de fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico. Non haberá pois ningún partido do Fútbol da Costa, en ningunha categoría, mantendo a homoxeneidade coa situación estatal solicitada pola Real Federación Española de Fútbol.

Este mesmo xoves os delegados federativos reuniranse ca Xunta Directiva para analizar a situación.

Aprazado o I Simposio de 'Envellecemento e Discapacidade'

Estaba previsto que se celebrase en Cee esta fin de semana, os días 13 e 14 de marzo, pero por seguridade e ante as recomendaciones para a prevención do coronavirus a Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontología decidiu aprazar aos días 23 e 24 de outubro deste ano.

Ceas solidarias da AECC

A Asociación Española contra o Cancro anunciou a suspensión de todas as súas actividades programas. Así, a entidade retrasa a Cea Solidaria que tiña preparada para este sábado no Restaurante Pastoriza de Vimianzo. Pide aos máis de 300 comensais que teñen reservado praza que ou ben, contacten coa entidade para recuperar os cartos ou esperen ao anuncio da nova data.

Así mesmo a Xunta Local da Asociación Española Contra el Cáncer de Cabana cancela a actividade prevista o xoves 12 de marzo no Auditorio de Cabana de Bergantiños.

Adiado o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay

Con todo pronto para a súa celebración, prevista para a primeira semana de abril, o brote de COVID-19 obrigou esta mañá o Concello de Carballo -organizador do evento- a adiar a VII edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. Xose Regueira, responsable da Concellaría de Promoción Económica e Turismo da localidade, comunicou que a cita se supende, temporalmente, "por responsabilidade" e para "evitar risco de contaxio”.

Malia que as autoridades sanitarias non impiden expresamente manter o Interplay, a maior parte das actividades programadas implicaban a participación de persoas chegadas dende distintos puntos da península e as crecentes recomendacións de limitación da mobilidade da poboación que habita zonas de risco, para evitar a transmisión da enfermidade, levou a organización do Carballo Interplay a tomar esta difícil decisión.

A primeira intención será realizalo na segunda quincena de novembro.

Medidas de prevención

Medidas prevencion coronavirus en galego

 

Novas relacionadas

comentarios