A Costa da Morte suspende a Semana Santa

21:14 14/03/20
Un dos momentos máis importantes para o sector turístico da Costa da Morte bota o peche. Trala cancelación da Mostra do Encaixe de Camariñas e da Mostra Víndemo Ver de Carnota, A Xunta de Confrarías de Fisterra vén de tomar a decisión de suspender a Semana Santa de Fisterra.
O gran evento da comarca nestas datas, e un dos reclamos turísticos máis importantes, acordou suspender todos os actos litúrxicos e procesións programadas. Fíxoo só un día despois de posponer a decisión, tras analizar con todas as Confrarías do país.
Deste xeito, os tres eventos que se estaban establecendo como gran foco de atracción na comarca pola Semana Santa botan o peche, dando conta da corentena que estamos vivindo.
Todas as novas do Coronavirus
- 12-03-2020: A información dos Concellos ante a crise do coronavirus.
- 12-03-2020: A receita contra o Coronavirus: coherencia e responsabilidade.
- 12-03-2020: Máis cancelacións: A Xunta pecha todos os centros escolares; Camariñas cancela a Mostra.
- 11-03-2020: Avalancha de suspensións na Costa da Morte para conter o coronavirus.
- 11-03-2020: O medo ao Coronavirus xa comeza a incidir no turismo costeiro trala cancelación de todas as excursións do IMSERSO.
- 09-03-2020: Piden facer “vida normal” ante unha falsa alarma de coronavirus nunha excursión de estudantes de Santa Comba.