Luns. 06.04.2020
El tiempo

#CORONAVIRUS

Máis cancelacións: A Xunta pecha todos os centros escolares; Camariñas cancela a Mostra

Aulas baleiras polo coronavirus
Aulas baleiras polo coronavirus
Máis cancelacións: A Xunta pecha todos os centros escolares; Camariñas cancela a Mostra

Trala primeira avalancha de cancelacións, as medidas de contención, este xoves 12 de marzo chegou o anuncio da Xunta do peche de todos os centros educativos a partir deste vindeiro luns e durante dúas semanas. En todo caso, o presidente Alberto Núñez Feijoo pedía ás familias que intenten non levar aos fillos e fillas a clase xa este venres.

A Xunta decretou ademais o peche de todos os centros comunitarios desde este venres e suspendeu todas as actividades lectivas e extraescolares para os próximos 14 días. Así mesmo limita as concentracións en espazos pechados a un máximo de 50 persoas. 

Feijoo non suspendeu aínda as eleccións do vindeiro 5 de abril, deixando no aire que "só se  celebrarán se hai garantía de que os membros das mesas e os electores poden estar e votar".

Cancelada a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

A alcaldesa, Sandra Insua, anunciou a cancelación da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, que se ía a celebrar do 8 ao 12 de abril, en plena Semana Santa. Deste xeito, “a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas celebrarase no ano 2021 ante a imposibilidade de atopar a estas alturas datas dispoñibles para poder realizar o evento con todas as garantías” e tamén garantiu que “traballaremos conxuntamente entre todos para atopar solucións que mitiguen o impacto que suporá esta triste cancelación”.

Cancelada a Mostra Víndemo Ver

A cita de Semana Santa de Carnota tamén queda aprazada.

Suspensión de actividades e peche de edificios municipais en Carballo

Ante a crise sanitaria, o Concello de Carballo vén de suspender  a partir do venres 13 de marzo todas as actividades educativas (Conservatorio Profesional de Música, Escola Oficial de Idiomas, Horto Infantil Ecolóxico Municipal); os cursos de formación que se imparten no Fórum Carballo; as actividades deportivas, ambientais e sociais; os eventos como o Festival Interplay ou o Carballo por Etapas; o peche do Pazo da Cultura, as bibliotecas, a ludoteca, o Museo de Bergantiños e os centros sociais das parroquias.

A Gala dos María Casares

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), entidade organizadora dos Premios de Teatro María Casares, apraza a gala de entrega dos premios, que estaba prevista celebrarse no Teatro Rosalía Castro da Coruña o xoves 26 de marzo, así como as actividades paralelas previstas. Unha cita que ten 5 nominacións costeiras.

Campionato de Pesca do Vilán

Queda posposto o Campionato de Pesca "Cabo Vilán " de Camariñas.

Ruta das pegadas de Caban

o Concello de Cabana de Bergantiños cancela a ruta 'As pegadas da historia nas beiras do Anllóns' prevista para o sábado 14 de marzo.

Xantar da Milagrosa

A ACD Milagrosa retrasa o seu xantar previsto para o día 14.

Medidas de prevención

Medidas prevencion coronavirus en galego

 

Novas relacionadas

comentarios