Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Desaloxadas 20 persoas de dous edificios por risco de derrubamento en Fisterra

Desaloxo dun edificio en Fisterra
Imaxe do derrubamentos e dos Bombeiros realizando catas
Desaloxadas 20 persoas de dous edificios por risco de derrubamento en Fisterra

Esta pasada tarde de mércores de 5 xuño, os habitantes, unhas 20 persoas, de dous edificios de Fisterra, sitos no no Paseo do Corveiro, foron desaloxados polos bombeiros de Parque Comarcal de Cee ao atoparen risco de derrubamento. Un dos veciños, do terceiro andar, chamaba por un desprendemento de cascallos no seu salón, polo que os Bombeiros, en comunicación coa Policía Local establece un protocolo desde CAE112 por derrumbamento, ao considerar que a problemática afectaba á estruturalmente ao segundo andar e o cuarto xa tiña o chan abombado.

Un arquitecto corraborou toda a situación do edificio; realizáronse varias catas en distintos puntos, que non fixeron máis que evidenciar o deterioro estrutural, con corrosión nas vigas e viguetas, con fendas e abombamentos nas placas, e foi aí cando se tomou a difícil decisión de recomendar o desaloxo.

O operativo durou de 15:00h a 21:00h e durante a xornada algunhas das fendas chegaron a abrirse máis.

Así o relatan os Bombeiros do Parque de Cee, que recoñecen que “emocionalmente non foi unha xornada fácil ao ter que comunicarlle ese desaloxo, pensando primeiramente na seguridade, vendo como moitas familias tiñan que deixar parte da súa vida nas vivendas ata que se tome unha determinación tras a realizacion dun estudo máis detallado”.

De feito, o desaloxo requeriu a presenza dunha ambulancia e persoal sanitario para a atención médica de persoas afectadas ao recibir a noticia.

Comentarios