E a chuVia empapou a música


Estaba sendo unha noite perfecta... Pero chegou o que máis teme a organización dun festival: a chuVia. Foi tal a choupa que moitos non lembraban unha molladura tal, e os mesmos Sex Museum deixaron a pel baixo a auga ante os milleiros de persoas que ateigaban o recinto ao aire libre do festival Con V de Valarés.
Tres cuartas partes do mesmo ocorreu na Festa Folk na Fin do Camiño da Anchoa, Fisterra. Tocou o primeiro grupo e ala, chove, chove e chove, polo que a festa tivo que ser cancelada.
Molladura con V

Tremenda. Levaba esta a pinta de ser unha noite auténtica inolvidable. O ambiente polo día foi inmellorable, unha morea de xente preparando a acampada na envexable paraxe da praia de Valarés. Ademais, a iniciativa EcoValarés segue facendo que o lugar quede intacto tralo paso de milleiros de festivaleiros de toda a península.

A música comezou a soar pasadas ás 20:00h pero malia que as nubes estaban presentes, ninguén presaxiaba que podía caer todo o que caeu. Rubick fixo bailar a quen se puxo por diante, e Dolores e His Majesty King continuaron quentando o ambiente para os grandes esperados. E saíron. A pesar da amenaza, os Sex Museum fixeron Vibrar Valarés. Pero Neptuno tiña gañas de protagonismo e lanzou toda a súa ira sobre a pequena Valarés, un lugar de 3 casas que xa é unha referencia a nivel estatal. Non defraudaron e se mollaron como o que máis, para poñer o broche a unha noite pasada por auga.

Unha Anchoa mollada

Mágoa a Festa Folk, que tamén prometía. A chuvia chegou algo antes que en Valarés e só puideron os Stolen Notes subir ao escenario. Deixaron constancia, iso si, da súa capacidade, dende Andalucía e co premio Runas no 2011 no festival internacional de Ortigueira baixo o brazo, demostraron ser grandes coñecedores das tradicións do norte ofrecendo un repertorio de melodías tradicionais reelaboradas recollidas das nacións celtas, como nos conta Edita Cambeiro, que nos achega estas imaxes e este vídeo.
Máis información
- convdevalares.com.
- Facebook do Festival Con V de Valarés.
- Facebook da Festa Folk na Fin do Camiño.
- Axenda Sonora da Costa da Morte a través do Facebook.
Novas conV
- Adrián ConVdeValarés: “Poñemos un lugar de 3 casas no panorama musical nacional”.
- ConVdeValarés 2010: As guitarras tomaron Valarés.
- Festa Folk 2011: A Anchoa sacou os cen pés a bailar.
- Festa Folk 2010: A mellor música folk do país invadíu a fin do mundo.
- 2010: Máis de 30 bandas teñen pasado pola Anchoa: 11 anos traendo o mellor folk do país á Fin do Mundo.
Máis novas festivaleiras
- 10 citas festivaleiras para este verán na Costa da Morte.
- A música e a troula puideron ca chuvia na Carballeira de Zas.
- Maxia electrónica e deportiva no Beach Party Carnota.
- O Nordestazo xa é de Primeira División.
- A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Redacción de QPC ([email protected]).
Por disfrutar:
Xa vividos: