Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha empresa de Fisterra consegue reducir a factura da luz en 2.000€ anuais en varios negocios da Costa da Morte

Xeneco
Unha empresa de Fisterra consegue reducir a factura da luz en 2.000€ anuais en varios negocios da Costa da Morte

XENECO é un servizo de Aralumen, empresa fisterrá especializada en aforro enerxético para empresas. Os asesores de XENECO revisan as facturas da luz, axustan a potencia contratada e atopan a comercializadora que máis se adapta ás necesidades de cada negocio. Deste xeito, conseguen un importante aforro nas facturas da luz dos seus clientes.

Caso real de aforro de 2.000€ anuais na factura da luz dun negocio

As facturas da luz non se caracterizan precisamente por ser os documentos máis fáciles de entender e isto tradúcese moitas veces en que os negocios están pagando máis servizos dos que realmente necesitan, simplemente por descoñecemento ou por falta de tempo para analizalo.

Así analizan en XENECO unha factura da luz, tendo en conta as necesidades do negocio:

Optimizar o prezo que se paga pola enerxía pode supoñer un importante aforro anual para as empresas e unha redución dos gastos de funcionamento. Os asesores de XENECO están facendo unha campaña especial para os negocios da Costa da Morte durante o mes de decembro na que ofrecen gratis todos os seus plans de aforro para negocios.

Comentarios