Luns. 29.04.2024
El tiempo

En marcha o Entroido de Fisterra

En marcha o Entroido de Fisterra
Se por algo de pode considerar o entroido fisterrán un dos máis devanceiros e divertidos de todo o país, é o non ter pelos na lingua. E este ano pode tocar un entroido ben verbeneiro. Así, informamos de que o Departamento de Cultura do Concello de Fisterra xa abríu o prazo de inscrición ao Concurso de Comparsas do Entroido fisterrán. O Concello ademais cederá un local para que as comparsas poidan ensaiar. Dende o Concello animan a todas as comparsas a que participen un ano máis xa que se repartirán os premios máis grandes de toda a Costa da Morte, debido a que o Entroido de Fisterra é o Entroido máis tradicional da Costa da Morte. De feito, a comparsa gañadora levará 1.500€ de premio, por 1.200 da segunda e 900 para a terceira. Iso si, todas as que se presenten levarán un premio de 300€. O concurso celebrarase o 08 de marzo na praza da Constitución de Fisterra ás 18:00h. A data límite para presentar candidaturas será o 25 de febreiro e xa se poden inscribir no concello en horario de mañá.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios