Venres. 29.03.2024
El tiempo

De Faro en Faro en coche eléctrico pola Costa da Morte

Carsharing do Faro Larino ao Semaforo de Fisterra
O carsharing co coche eléctrico xa dispoñible no Hotel Faro de Lariño e no Semáforo de Fisterra
De Faro en Faro en coche eléctrico pola Costa da Morte

Percorrer a estrada do Pindo a Carnota á hora do solpor, co sol marchando por detrás do Cabo Fisterra, con esas cores laranxas invadindo o ceo, coas fiestras baixadas, sen ruído dun motor de gasolina… ten que ser unha sensación inesquecible. Así o disfrutarán os visitantes dos Hotel Faro de Lariño (que abrirá ás súas portas a primeira semana de xullo) e o Semáforo de Fisterra que se animen a aproveitar a poniera iniciativa sostible a que veñen de presentar en colaboración co Hyundai Finisterre Motor Coruña e AR Vidal de Vimianzo.

A proposta chámase “Carsharing Rural” (de “compartir coche polo rural”) e permitirá que os turistas disfruten ao máximo da nosa contorna natural, sen ruídos, e co convencimento de estar respectando a contorna.

A través da APP VIVe de Hyundai, aqueles turistas que o desexen poderán percorrer a bisbarra gozando da sensación de conducir polas nosas estradas, en absoluto silencio, nun coche 100% eléctrico, con máis de 400km de autonomía. O xeito ideal de disfrutar dos nosos faros, das nosas praias… partindo de dous dos hoteis con máis encanto da comarca.

Novas relacionadas

Comentarios