mércores. 12.02.2025
El tiempo

Un ferido leve nun accidente en Sardiñeiro

accidente CCIA CORUNA - SARDIÑEIRO
Un ferido leve nun accidente en Sardiñeiro

Esta pasada noite de luns, rexistrouse un novo accidente de tráfico na parroquia de Sardiñeiro, entre os lugares de Arriba e Abaixo, no concello de Fisterra. Os bombeiros do parque Provincial de Cee, asi como Protección Civil, Garda Civil e o 061, participaron pasadas as 22:30 horas de onte no operativo.

A incidencia implicou a un só vehículo cuxo ocupante resultou ferido de levidade e tivo que ser trasladado ao hospital. Á chegada dos bombeiros provinciais a persoa xa se atopaba fora do vehículo polo que o operativo consistiu na colaboración para que recibira atención sanitaria e na regulación do tráfico.

Comentarios