mércores. 14.05.2025
El tiempo

Fin de Curso informático en Fisterra

Fin de Curso informático en Fisterra
Onte  xoves 29 de agosto, o Concello de Fisterra clausuraba os cursos de informática que se viñeron dando durante estos dous meses de Xullo e Agosto onde  participaron un total de 102 rapaces de entre  4 e 13 anos.  Tras uns meses dandolle as teclas do seu ordenador os rapaces e rapazas de Fisterra recibiron de mans do seu Alcalde José Manuel Traba , do seu Concelleiro de Cultura e Deportes Santiago Esmorís, do seu Concelleiro de Obras Ramón Redonda, da Formadora Ocupacional Neli Cambeiro e da sua Axente TIC Alicia López os Diplomas que os acreditaban como Informaticos de Iniciación,  e non chegaba ca entrega de Diplomas que o Concello quixo obsequiar a os Rapaces e Rapazas xunto cos seus pais, dunha merenda na praza do Concello de Fisterra.

Comentarios