Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Fin de curso para as escolas de música de Fisterra e Baio

Fin de curso para as escolas de música de Fisterra e Baio
Fin de Curso da Escola Pepe Vaina de Baio Fin de Curso da Escola Pepe Valiña de Baio Fin de semana esta de clausuras. O sábado tocou en Baio, onde a AMC Pepe Valiña de Baio celebrou o tradicional Festival de Fin de Curso onde participaron unha treintena de pianistas e o Coro Xoven da Asociación , alumnado da profesora Tatiana Pankrátova. O Festival tamén serviu para estrear en concerto o "colin" eléctrico que subvencionou a Deputación de A Coruña. Clausura en Fisterra-Foto-Carrillo Clausura en Fisterra-Foto-Carrillo Mentres, en Fisterra tivo lugar a Actuación de Fin de Curso da Escola Municipal de Música de Fisterra, realizada no salón do Concello e baixo a dirección do profesor Ramón Domínguez Calvo (Moncho) e na que os alumnos demostraron as habilidades musicais adquiridas ao longo do curso que agora termina, tanto coa gaita, o piano, o saxo, a flauta, así como cos instrumentos de perscusión que deleitaron a numeroso público asistente. Como final de festa actuou a Coral Polifónica do Casino que arrincou os aplausos do público. Clausura en Fisterra-Foto-Carrillo 2 A Coral do Casino en Fisterra-Foto-Carrillo

Comentarios