Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Fisterra é o concello da provincia con maior porcentaxe de homes

Cheo o pavillon para o Entroido de Fisterra 2019
Imaxe dun Entroido fisterrán prepandemia
Fisterra é o concello da provincia con maior porcentaxe de homes

Non semella un estudo científico pero non deixa de ser simpático que un dos nosos Concellos queden á cabeza dunha clasificación coma esta. Segundo a consultora Sugardaters, Fisterra é o Concello da provincia onde as mulleres teñen maior probabilidade de atopar parella.

A “análise” baséase no simple dato de que en que en Fisterra hai un 2,73% máis de homes que de mulleres. Laxe tamén estaría entre os 5 concellos con máis homes por habitante, cun 0,80%.

Pola contra, A Coruña é a localidade da provincia onde é máis probable que un home atope unha relación, xa que hai un 15,73% de mulleres que de homes. Un dato que reflicte que as mulleres teñen unha clara tendencia a vivir nas capitais de provincia pero que téñen máis fácil para atopar parella en municipios pequenos.
Nesa parte da táboa aparecería Carnota cun 11,44% máis de mulleres que de homes.

Comentarios