Fisterra disfruta do seu Belén e de Papá Noel
Temos pendente a visita ao impresionante Belén de Corcubión. Pero hoxe imos ata Fisterra. I é que xa fai un par de semanas que o Belén Parroquial que se monta na Igrexa de Santa María das Areas de Fisterra está aberto para as visitas.
Comezou sendo un pequeno Belén que se facía cada ano en Fisterra pero hoxe xa ocupa 7 metros de longo e 3 metros de ancho. Colocado no altar maior da igrexa, o Belén da Vila do Cristo foi feito por Perfecto Canosa, sacristá da igrexa, e por un puñado de mozos e mozas do pobo.
Tanto as figuras coma as casa foron feitas por xente da parroquia e pódese visitar en horario de oficios relixiosos.
Por certo, unha vila de Fisterra que está pendente da Gala Solidaria deste sábado.
Papá Noel interésase e fala cos nenos e nenas do concello de Fisterra
Por terceiro ano consecutivo Fisterra conseguíu que Papá Noel faga un oco na súa apretada axenda e se interese por cómo se portaron os pequenos de Fisterra e qué agasallos queren para non errar nos seus envíos.
Dende a Aula CeMIT de Fisterra animamos a Papá Noel para que fixera uso das novas tecnoloxías, e micrófono en man e a través de videoconferencia dirixiuse un por un a cada un dos nenos e nenas asistentes.
Onte foi a quenda do colexo “Nosa Señora do Carme”, con preto de 45 rapaces; e no día de hoxe, fixérono os do CEIP “Mar de Fóra” e CEIP “Areouta”, de Sardiñeiro (arredor de 55 cativos) de 3, 4 e 5 anos.
Agardamos que os pequenos se portaran tan ben como dixeron e que Santa Claus tomara boa nota dos xoguetes que aquí se pediron, para que ningún dos nenos e nenas queden sen tan ansiado agasallo.
Novas relacionadas
Novas solidarias
- As asociacións de Vimianzo únense nunha Plataforma Solidaria.
- O Instituto Solidario.
- 20 familias de Malpica reciben axuda en forma de alimentos.
- En Carnota xa non queda cativo sen xoguete.
- Polo Nadal, en Laxe xogamos todos.
- Íntegro animou aos alumnos de Baio a sacarse o Pasaporte Solidario.
- Solidariedade por deporte en Carballo.
- Camariñas adica o seu Mercadillo Solidario de Nadal a Filipinas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).