Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Fisterra estará na Feira Internacional de Turismo de Galicia

Fisterra estará na Feira Internacional de Turismo de Galicia

A Asociación Turismo Finisterre acudirá á Feira Internacional de Turismo de Galicia, que se celebra o vindeiro fin de semana, 22-24 de Febreiro en Silleda. E contará con stand propio nesta Turexpo de Silleda coa colaboración do Concello de Fisterra e o proxecto Mar de Galicia, onde se explicará o produto existente a uns 50 operadores turísticos nacionais e internacionais, ademais de repartir material divulgativo da zona e o programa de actividades da entidade para este 2013.

E o fai nun marco de actividades que xa levou a vila do Cristo á Fitur, e que tamén estará presente na Feira de Turismo de Berlín e no Festival Intercéltico de Lorient.

Calendario de Turismo Finisterrae para o 2013

Finisterre en Silleda

O día da inauguración, venres 22 de Febreiro as 14:00 hrs celebrarase un acto de presentación de Turismo Finisterre , encarado principalmente ao sector profesional , con vídeos promocionais e explicación do proxecto Mar de Galicia , un novo comercializador na comarca.

Posteriormente, os asistentes disfrutarán dunha degustación de productos de Fisterra e a Costa da Morte, a cargo dos 4 Restaurantes da entidade, ensalzando unha das patas principais do noso mercado como é a gastronomía local.
Paralelamente a Feira, o sábado 23, Turismo Finisterre organiza un Fam Trip para 25 empresas operadoras nacionais e internacionais, na que os visitantes coñecerán Fisterra a fondo, coa visita obligada, por suposto, ó Faro do Fin do Mundo con aloxamento na Vila e cena no Tira do Cordel.

O domingo 24 marcharán cara Muros con parada na Cascada do Ézaro e crucero desde o porto de Muros ata o Freixo na embarcación histórica Joaquín Vieta, na que disfrutarán de degustación de productos e da beleza das nosas rías.

Novas relacionadas

Fonte

  • Turismo Finisterre.

Comentarios