Luns. 29.04.2024
El tiempo

A única fervenza, da península, que desemboca no mar

A única fervenza, da península, que desemboca no mar
A fervenza do Ézaro, unha das 7 cascadas de Europa que acaban no mar, estivo espectacular estes dias de temporal-Foto- Concello de Dumbría

Nunca mellor que hoxe para informarnos ben sobre un dos tesouros da nosa bisbarra. I é o simbolismo, o potencial turístico da fervenza do Ézaro comprobámolo con cousas tan sinxelas como que dúas das novas sobre ela en QPC son das máis agradecidas para os nosos lectores. A nova desta semana da fervenza cun caudal 100 veces superior ao habitual ten xa 700 "megustas" no Facebook, preto da mellor marca do diario, a resurrección da Fervenza en abril do 2011, con 732.

Hoxe queremos parar e pensar nas típicas frases que tanto nos gustan en Galicia con aquelo de "O máis (...) de Europa". Unha frase desas que serve para engrandecer un lugar, pero é que ás veces pecamos de soberbios. Pásanos co "punto máis occidental de Europa", pásanos coa "duna remontante máis alta de Europa", e pásanos coa "Única Cascada de Europa que desemboca no mar".

Pois resulta que en Europa hai ata 7 fervenzas que desembocan no oceáno. De tódolos xeitos, e como nos indica Mario Rodríguez, "actualmente só hai 4 ríos en Wuropa que desembocan en cascada, pois o resto son regatos sen nome, son "corrientes", procedentes de deshielos (os de noruega e islandia). Os 4 ríos que desembocan en cascada sobre o mar serían os da cascada de Karpuzkaldiran, Tresaith e Mealy".
Ben poderíamos cambiar ese "Europa" por "España" ou "Península", pero é que o gusto de dicir "E-u-r-o-p-a" con todas as letras...

Botando un ollo na Wikipedia vemos que existen 18 ríos en todo o mundo que verten as súa augas doces directamente no salgado mar en forma de cascada, así que a posición do noso tesouro segue a ser mundialmente envexable. E todo contando coas que non se coñecen... Pero iso, a nosa é unha das máis espectaculares pois o río Xallas é dos máis caudalosos dos que falamos.

Así que, teremos un pouco máis de coherencia, pero seguiremos fardando dunha xoia espectacular, que esperamos ver máis veces con todo o seu esplendor.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta).

Comentarios