O Fisterra Experience celebra 10 anos enchendo a fin do mundo de boa música

Imaxe dun dos concertos "Música a bordo" na pasada edición do Fisterra Experience. Foto: @ pacrispa

Música, territorio e natureza seguen a ser, dende o seu inicio, os tres eixes fundamentais do Fisterra Experience. Unha iniciativa agora de Nordesía, que comezaba co blues como eixe principal, pero que foi adaptándose aos novos ritmos, para celebrar o seu décimo aniversario os días 26, 27 e 28 de xuño. 

Fai fachenda o festival por toda España de existir "nunha das paraxes máis incribles da costa europea, ofrece unha experiencia musical e cultural inmersiva dende unha mirada integradora, comunitaria e sostible". Porque a programación combina actividades de balde con concertos de pago, fomentando o percorrido por varios puntos da cidade.

Un dos concertos na rúa do ano pasado no Fisterra Experience- Foto-@acrispa

O cartel chega con bandas da casa, bandas referentes en Galicia, pero tamén a nivel estatal, mantendo vivas unhas das experiencias máis singulares e demandadas do festival, a sesión de "Música a Bordo". Este ano, na xornada sabatina, o Cruceros Fisterra ofrecerá udúas viaxes, unha con Mr. Cool na xornada sabatina, e outra con Marcos Coll e Javier Turnes na dominical

As bandas costeiras Adhara&Ritman e Caamaño&Ameixeiras e o dj galego Kike Varela abrirán o festival o venres 26 de xuño no escenario Xacobeo, na rúa da Foliada, con tres concertos de acceso gratuíto. 

O sábado 27, a xornada comeza a ritmo do pasarrúas Trópico de Grelos e continúa cunha sesión vermú a cargo de Mr Cool.
Pola noite, o Escenario Xacobeo converterase no epicentro do festival cos concertos -de pago- de Catuxa Salom, DePedro, Haylen e a sesión de Dj Panko.

O domingo 28 de xuño vivirase o broche de ouro do festival nun enclave de excepción: o Semáforo de Fisterra, que acollerá de balde a gran Jam Session do 10º Aniversario, comandada de novo por Marcos Coll e Javier Turnes xunto coa banda Gran Bazar, ofrecendo un fin de festa inmellorable fronte ao Atlántico.

A programación do festival inclúe tamén gastronomía e actividades infantís, como xogos tradicionais e circo, que baixo o paraugas de Fisterra Miúda, creará durante a fin de semana un espazo para a música, o xogo e o desfrute en familia. 

Máis novas do festival