Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Blues puido co vento

Fisterra Blues Experience 2022 en ARa Solis-Foto-Cris Padin 1
O Fisterra Blues Experience no Ara Sollis-Fotos-Cris Padín
O Blues puido co vento

Xa vai para unha semana da celebración da nova edición do Fisterra Blues Experience. A xa asentada proposta (a pesar dos pesares), que serve de ponte entre turismo e cultura, ten convertido a fin da terra nun referente a nivel estatal na fusión da música de raíces de varias partes do planeta. O ver en Ara Solis a un mítico como J.P. Bimeni & The Black Belts (artista de Burundi afincado no Reino Unido) xunto con Guadi Galego ou De Vacas, dá conta da intención desta proposta musical.

A marea bluseira xa arrincaba o xoves 9 pola tarde, coa montaxe do escenario no campo de fútbol municipal, como presaxio do que acontecería o venres: o vento do nordés obrigaba a retirar as lonas laterais e traseiras para evitar que saíse voando.

Fisterra Blues Experience 2022 en ARa Solis-Foto-Cris Padin Xente
Foto: Cris Padín

Non puido o nordés co festival, que o venres á tardiña comezaba a recibir os primeiros amantes da música. A cervexa e as food trucks daban a benvida a xentes chegadas de toda Galicia. Foi Adrián Costa Blues Band o que rompiu o xeto e fixo vibrar aos máis madrigadores. De seguido e con algo máis de público, e tamén con vento, Guadi Galego fixo, coa súa voz e o seu bon facer, que o público cantara boa parte do seu repertorio.

E para pechar a primeira e máxica noite, a gran cita do festival: J.P. Bimeni & The Black Belts. O artista africano, acompañado dunha espectacular banda madrileña, fixo que o público quitase o frío a base de baile e entrega, demostrando o bo facer sobre o escenario que teñen os grandes artistas.

Blues na rúa

FisterraBluesExperience_S-12 copia
Xentes novas -Foto-Cris Padín

Xa o sábado pola mañá comezaban os escenarios en Fisterra de balde. A praza da Rúa Río Novo da vila enchíanse de rapazada para escoitar “Little Neno”, esa banda descobre ós Rolling Stones aos máis cativos (e aos non tanto), cun descaro e calidade abraiantes.

Pasarruas co Low Bau Hot Band no Fisterra Blues Experience_2022
Pasarruas co Low Bau Hot Band -Foto-Cris Padín

Non eran a Charanga NBA. Era a Low Bau Hot Band á que percorría a vila co seu pasarrúas bluseiro, antes de volver á rúa Río novo para gozar o concerto sesión vermú de Mad Martín Trío, de esta volta cuarteto, xa que tiñan un novo integrante nos ventos dándolle son ao saxo.
Moito e moi bo ambiente na praza da Rúa do Río Novo na sesión vermú, que protexida do vento fixo disfrutar a visitantes e veciñanza.

Blues a bordo

Deguello no Blues a Bordo do Fisterra Blues Experience_2022-Cris Padin
Degüello no Blues a Bordo -Cris Padin

Xa pola tardiña, ás 17 saía o gran elemento diferenciador deste festival: O Blues a bordo. A Fisterra House Band Feat, este curso formado principalmente pola banda Degüello, a banda coa que comezara a tocar o noso Javi Turnes nos seus comezos. Desta volta e por mor do forte vento, que xa cambiara a nordés, a ruta tivo que cambiarse e facerse algo máis curta. Pero o disfrute dos que conseguiron pasaxe non o levou o mar nin o vento.

Blues no campo

Xa pola noite no Ara Solis seguían os concertos, a pesar da insistencia do nordés. Comezaban De Vacas, coa súa mestría das palabras. E afondando nesa mestura galaico-norteamericana, Al Dual fixo que o Ara Solis convertírase por uns momentos en Memphis.

Chegaba o final da noite cos míticos Ilegales, que tamén fixeron que a xente flipara co rock&roll en fantástico estado de forma e as súas tablas sobre o escenario, facendo un repertorio dos seus 40 anos de traxectoria e facendo que moitos dos temas, como mesmo dixo o cantante Jorge Ilegal, nos chegaran a tocar a pataca a moitos.

Ilegales no Fisterra Blues Experience_2022-Cris Padin
Ilegales no Fisterra Blues Experience_2022-Cris Padin

Aínda quedaba a traca final para o domingo, pero co vento vindo a máis, tíñase que suspender a segunda parte do blues a bordo e a xa mítica jam no Semáforo, tendo que trasladar todo a praza da Rúa do Río Novo, máis abrigada. Comezába ás 12 con Tato & Espiño seguido de Degüello e non pararía ata as 5 da tarde, facendo de novo bailar á xente asistente co seu bo facer.

Fisterra Blues Experience 2022 en ARa Solis-Foto-Cris Padin-Javi Turnes
Javi Turnes con Degüello. Foto-Cris Padin

 

Crónicas do Fisterra Blues Experience

Comentarios