Venres. 04.10.2024
El tiempo

Fisterra xa sabe vivir e gozar o blues

Blues a bordo en Fisterra
O Blues a Bordo, un dos produtos máxicos do Fisterra Blues Experience
Fisterra xa sabe vivir e gozar o blues

Viviu Fisterra unha nova edición deste xa afianzado Fisterra Blues Experience. Un festival que escapa das grandes masificacións, e segue apostando pola tranquilidade, pola experiencia con cariño e sen aglomeracións, para asegurar a súa sustentabilidade tanto ecolóxica como social.

Porque a realidade é que este ano notouse un salto cualitativo, tanto a nivel de propostas nun programa cada vez está máis armado e completo, como na cantidade de xente que mobiliza. Xente de fóra e tamén xente da zona, sobre todo mocidade fisterrá, libre de prexuízos, que sabe disfrutar dunha boa verbena coma dun festival.

Unha cita que xa poliniza, que xa xera comunidade, fomentando unha sensación emocional de total conexión coa música e ca terra.

”Estamos sementando, e creo que imos no bo camiño, pero debemos manter este formato diverso”, valora un moi contento Javier Turnes, director dun festival cada vez máis arraigado. “A xente sabe quen estamos detrás e agradece, felicita propón… e esa horizontalidade non a queremos perder. Ademais non hai unha sobrevaloración dos artistas, e cada vez hai máis xente de Fisterra participando activamente". A xente no posto de información é de Fisterra, a xente das barras é de Fisterra… Os Rapacollóns Big Band foron protagonistas… e mesmo o alumnado de Filosofía e Cine do IES Fernando Blanco estiveron rodando todos os días, mentres que outros alumnos da zona traballaron como becarios en materia de son e luces.

Blues na Escola en Fisterra
Imaxe dunha das propostas para a cativada

Mención aparte merece o peche, sobre o escenario do proxecto #BluesnaEscola, cunha posta en escea tremendamente mariñeira, e profes e alumnado tremendamente implicados.
A fermosa estampa fisterrá deixou música soando toda a fin de semana, mesmo con músicos da zona, como Luisiño de Ameixenda, que trouxo o dobro e se puxo a tocar, pero en ningún momento atronando, invandido.

Xa o venres se notaba o ambiente, pero é que o sábado daba gusto, “petado de xente, pero ben, sen excesos”. Todo nun marco de programa con citas solapadas no tempo, de forma consciente, ofrecendo propostas para todos os gustos. Mentres uns disfrutan do Blues a Bordo (este ano doblouse o número de saídas do crucero musiqueiro máis auténtico do país, e funcionou moi ben a venda online), outros bailaban swing, e outros disfrutaban cos obradoiros para os nenos.

Houbo momentos especialmente emotivos, como esa homenaxe a Lazy Lester, unha das míticas figuras do blues de todos os tempos que inauguraba este festival e que nos deixaba este pasado inverno. O blues soando ao ritmo das padaladas de Kuka Sar abringo rego para prantar un carballo na súa honra eran máxicas.

Tamén a presentación do libro traducido sobre a vida de Norma Miller, a “raíña do swing” no marco do Castelo de San Xurxo, ou o roteiro sonoro de Xurxo Souto por Fisterra foron moi especiais. Máxica parecía a aparición en escea de protagonistas das anécdotas que ía contando Xurxo, que se acaban unindo e enriquecendo a sesión.

Roteiro sonoro por Fisterra
Roteiro sonoro con Xurxo Souto

Gran ambiente na Praza da Constitucion no Fisterra Blues Experience 2019
Gran ambiente na Praza da Constitución

En clave musical, a diversidade de escenarios é un dos grandes valores do festival, que ten a praza da Constitución como punto quente. Morgane Ji arrasou, e enganchou moi co público. Los Deltonos deron dúas horas de bolo, e despois mesmo se uniron á jam sessión do Bela Fisterra ata as 5:00h da mañá. Tampouco defraudou Marcos Coll Band, que deun un concertazo para os amantes da boa música.
O venres Fisterra tamén se tinguiu de auténtica historia coa actuación de Rockin Johnny Burgin, un dos míticos da música de raíces que aprendeu con todas as lendas do Chigago da segunda metade do século XX.

Ata o domingo, despois dalgunha chuvia, o tempo deu unha boa tregua para pechar o festival por todo o alto, e esperar a que as #blus, esas chapiñas fantásticas que tanto se luciron, percorran o país e volvan a casa.

Maxico o Barco Blues do Fisterra Blues Experience

Novas relacionadas

Comentarios