Fisterra freta un autobús para ir á manifestación contra a Lei de Acuicultura
07:10 23/02/16
Baixo o lema "O mar é noso, non das multinacionais", terá lugar o vindeiro sábado, 27 de febreiro, en Santiago de Compostela unha multitudinaria manifestación contra a Lei de Acuicultura da Xunta de Galicia. Os artesáns do mar califican a nova norma de "unha hipoteca" xa que moitos bancos marisqueiros serán privatizados deixando aos mariscadores, percebeiros e demais artesáns do mar dependendo dos seus intereses.
Deste xeito, en apoio ao sector, o concello de Fisterra poñerá a diposición dos veciños e veciñas da vila un autobús pra acudir á protesta de Compostela. Os interesados deberán apuntarse na oficinas do municipio fisterrá ou no teléfono 647.31.71.94.
Sesión informativa
Este xoves, 25 de febreiro, varias organizacións ecoloxistas - entre as que se atopa ADEGA - ofrecerán unha rolda de prensa na libraría Couceiro de Santiago de Compostela onde explicarán as razóns polas cales apoian a mobilización do próximo sábado contra a Lei de Acuicultura do PP.
Máis información
Novas relacionadas
- 10-02-16: Os artesáns do mar toman apuntes sobre a nova Lei de Acuicultura
- Decembro 2015: O río Xallas e a posible volta da piscifactoría de Touriñán, no balance ambiental de Adega do 2015.
- 02-10-16: A Xunta continúa permitindo construír piscifactorías en zonas protexidas.
- Marzo 2015: O prohibido proxecto da Piscifactoría de Touriñán: 1 millón de euros de cartos públicos ao mar.
- Febreiro 2015: Como é posible que a Xunta exima do impacto ambiental un proxecto no Cabo Vilán?.
- 10-12-12: Touriñán queda desprotexido contra a invasión piscícola.
- Xuño 2011: Touriñán, Quilmas, Arou e o Cabo C volven esperar as piscifactorías.
- Marzo 2011: A Xunta lembra que segue en marcha a piscifactoría do Cabo Touriñán.
- Novembro 2009: A USC conclúe que a piscifactoría de Touriñán é incompatible coa normativa europea .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Adega
- Concello de Fisterra