Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Fisterra leva o Día de Rosalía aos centros de ensino a través de Dioramas

obradoiro teatriños rosalia24-Fisterra
Fisterra leva o Día de Rosalía aos centros de ensino a través de Dioramas

O Concello de Fisterra tamén lembra o Día de Rosalía de Castro, e xunto co seu departamento de Normalización Lingüística, organizarán, o 22 de febreiro, nos centros educativos de Fisterra e Sardiñeiro, obradoiros de teatriños a partir de poemas de Rosalía.

Unha actividade onde se conectarán disciplinas como a poesía, artes plásticas e teatro a través dos chamados Dioramas.
O diorama, entendido como a construción dunha escena, é un medio que admite numerosas técnicas (debuxo, colaxe, pintura ...) e permite axuntar diferentes disciplinas, conectando as artes visuais coa literatura, o teatro ou a música.

A compañía Babaluva intentará introducir aos participantes na arte de crear historias, construir e manexar monicreques, facer escenografias, deseñar música e efectos especiais con elementos naturais e obxectos da vida cotiá.

Comentarios