Martes. 15.10.2024
El tiempo

Fisterra lucíu o seu longueirón ante touroperadores de todo o mundo na Turexpo

Fisterra lucíu o seu longueirón ante touroperadores de todo o mundo na Turexpo
Martin Canosa presentando Turismo Finisterre na Turexpo

Escasa, pero escollida a participación costeira na Turexpo de Silleda. Alí estivo a Asociación Turismo Finisterre, que volve satisfeita polo traballo e polos contactos abertos. Unha Turexpo na que ademais notouse o interese polo sendeirismo na Costa da Morte.

A presencia costeira na Feira de Turismo máis importante de Galicia comezaba coa presentación o venres coa presencia do Vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda, ademais do alcalde fisterrán e o presidente da entidade, Martín Canosa. Sorprendidos quedaron os membros da expedición fisterrá ante a gran asistencia, entre o que había moitos touroperadores tanto nacionais como internacionais.

Numerosa asistencia na presentacion de Turismo FInisterre na Turexpo

Nela explicaron a programación de actividades para este 2013, sinalando que estarán na Feira de Berlín e no Festival Intercéltico de Lorient.

Ademais, e como novidade, deron a coñecer o comercializador "Mar de Galicia", que poñerá no mercado diversos paquetes turísticos bastante novedosos, incluíndo neles sobre todo actividades de turismo mariñeiro, rutas guiadas, etc.
A presentación rematou como tiña que rematar, coas nosas mellores armas; cunha degustación de productos típicos co longueiron como produto destacado.

A presencia fisterrá incluía ademais un pequeno stand presente durante toda a feira, no que informaban aos interesadios sobre os produtos de Turismo Finisterre. O día máis forte foi o domingo, no que houbo bastante afluencia de xente. De feito, repartiron máis de 500 tarxetas desconto da Asociación e uns 1500 folletos tanto en inglés coma en castelán.

Stand de Turismo Finisterre na Turexpo de Silleda

Un fam trip ata Fisterra

Paralelamente levaron a cabo un "fam trip" ó que asistiron 16 empresas turísticas de todo o mundo: americanas, arxentinas, italianas, húngaras, alemanas e españolas. Todos disfrutaron da visita ao pechado Museo da Pesca e da explicación de Alexandre Nerium, da visita ao Faro, e máis do aloxamento nos hoteis e dunha prestixiosa cea no Tira do Cordel, da que como nos podemos, imaxinar, saíron encantados.

Ademais, o domingo pola mañá tiveron un encontro de traballo para explicarlles as posibilidades de comercialización antes de visitar outras zonas da bisbarra como O Ézaro e Muros.

Visita ao museo da Pesca coa Fam Trip

Novas relacionadas

Fonte

  • Turismo Finisterre.

Comentarios