Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fisterra mergúllase "Na Busca do Captain"

HSM Captain na Costa da Morte
O proxecto XMS Captain, que xa ten pasado por varios centros de ensino, será presentado en Fisterra
Fisterra mergúllase "Na Busca do Captain"

Xa percorreu varios centros de ensino, e este xoves 31 de marzo ás 19:00 horas preséntase no Salón de Sesións do Concello de Fisterra o proxecto ”Na Busca do Captain”, da produtora audiovisual Tex45.

Trátase dun proxecto de investigación para coñecer, e tratar de atopar, o HMS Captain, un acoirazado inglés naufragado preto de Fisterra no 1870, no seu momento, a xoia da coroa da Royal Navy británica. O arriscado experimento non saiu ben, e un temporal, iso din, rematou co HMS Captain e con case 500 mariños (só 18 membros da tripulación sobreviviron) no fondo do mar galego. A traxedia rematou cunha corte marcial na que se tentou buscar culpables.

Na actualidade, en Reino Unido o HMS Captain segue a ser un mito. A historia dunha gran ambición e dun grande fracaso. Sen embargo, en Galicia apenas hai pegadas, a pesares de que os seus náufragos viviron tamén un periplo en terras galegas, e de que as nosas augas agochan un verdadeiro tesouro somerxido.

Por iso “Na busca do Captain”, a través de entrevistas a expertos, mariñeiros, veciños e a través dunha labor de investigación documental, buscou facer un relato fiel do suceso desde múltiples puntos de vista, e tamén acotar unha zona do mar na que, cremos, poden estar os restos do HMS Captain.

O proxecto conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través do programa de subvencións a entidades lucrativas para a produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia da Coruña.

Outras novas sobre Naufraxios

Comentarios