Fisterra ponse de longo para o comezo das Procesións

14:00 17/03/16

Primeira procesión
Así, este venres 18 de marzo xa comeza a Semana Santa coa procesión da nosa Señora das Dores. Ás 20:00 horas na igrexa parroquial terá lugar a misa na súa honra para proseguir coa procesión que percorrerá as rúas de Fisterra, acompañada dos seus confrades co fervor e relixiosidade que esta procesión leva. A Xunta de Confrarías da Semana Santa xa está a traballar a pleno rendemento. Reunións para a organización dos traballos que levarán a cabo ao longo destas semanas para a montaxe de todo o necesario para os actos viventes que se celebran en Fisterra, así como a organización e coordinación coas diferentes confrarías para todas as procesións que levan a cabo na Semana Santa de Fisterra. De feito, o domingo pasado comezaron os traballos para a Semana Santa 2016. As colaboradoras habituais da igrexa así como integrantes das confrarías comezaron pola limpeza da igrexa de Santa María das Areas, así como todo o necesario para para as misas e actos que levasen a cabo durante a semana grande de Fisterra. Por todo iso, desde a Xunta de Confrarías fan unha invitación a vivir a Semana Santa do Fin do Mundo. Unha Semana Santa vivente, con séculos de historia. Unha Semana Santa única en España polo incalculable valor cultural que os actos celebrados en Fisterra levan e que teñen a súa orixe na abadía de Winchester no ano 973.Novas relacionadas
- A Semana Santa de Fisterra xa ten as súas orquestras.
- A Semana Santa de Fisterra xa ten programa e vídeo promocional.
- Festas do Cristo 2015: Fisterra estreou con gran éxito a nova imaxe da Borriquita no comezo da Semana Santa
- A Semana Santa de Fisterra foi distinguida por manter vivas as tradicións seculares.
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- Festas do Cristo 2014: O pobo mantén viva a chama da fe na Semana Santa de Fisterra.
- Festas do Cristo 2013: De viaxe pola Semana Santa na Costa da Morte.
- Festas do Cristo 2012: O sol renace canda Cristo nunha chea Semana Santa de Fisterra.
- Festas do Cristo 2011: Fisterra respirou devoción a pesar do tempo.
- Festas do Santo Cristo 2010: Fisterra respirou espiritualidade.
- Festas do Santo Cristo 2010: A Panorama “montou un bo cristo” en Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2009: E Cristo resucitou en Fisterra.
- Festas do Santo Cristo 2009: De procesión na Semana Santa de Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2008: “A Semana Santa en Fisterra non se pode describir, hai que vela e vivila”.
Outras citas para Semana Santa
- Muros prepara unha Semana Santa de artesanía, risa e devoción.
- Carnota prepara unha Semana Santa chea de artesanía e deporte.
- En marcha a Mostra do Encaixe, o motor económico da comarca.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).