xoves. 01.05.2025
El tiempo

Fisterra prepara o internacional Desembarco Pirata e a volta da Festa Folk

Fisterra prepara o internacional Desembarco Pirata e a volta da Festa Folk
Queda menos para que comece agosto, e co mes estival, as grandes citas do verán fisterrán. Dúas datas teén marcadas no calendario os veciños fisterráns, o 6 de agosto, para o día da gran Festa do Longueirón; e mais o 20 de agosto, para a esperada volta da Festa Folk na Fin do Camiño.

Marisco e piratas

Roberto Traba Velay no Encontro Pirata de Fisterra-Foto-Mariajo Velay Roberto Traba Velay no Encontro Pirata de Fisterra de 2014-Foto-Mariajo Velay O sábado 6 de agosto, no que ademais do marisco rei da comarca fisterrá, os protagonistas son os piratas. Xa anda o bo de Roberto Traba Velay armando lío para organizalo Desembarco. Así, este xoves 14 de xullo, ás 20:30 no Salón de Actos do Concello, haberá a primeira reunión para a organización desta 3ª edición dunha festa que pretende lembrar o asalto e saqueo de Fisterra, en 1404. Este ano, Fisterra recibirá ademais unha comitiva inglesa, que lembrará ese detalle que en 2008 tiveron os veciños de Poole, que durante a festa devolveron a cruz roubada naquel lonxano século XV para mostra do irmandamento. Así foi a festa de 2015: [fbvideo link="https://www.facebook.com/juancarlos.trabanemina/videos/10208203346428106/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]

Volve o Folk á Anchoa

Que boa nova a volta da Festa Folk na Fin do Camiño. Este sábado 20 de agosto toca xornada completa ca música celta na 16ª edición deste festival. A festa arrincará, na Anchoa, ben cediño, ás 13_00h, con pasarrúas e degustacións de produtos galegos. A tarde será para o máis pequenos, e o festival en si, arrincará ás 22:00h, presentado pola brava Isabel Risco, e contando con Queimada Xigante. Porán a música os Tombalobos Orquestra, Radio Cos, Tiruleque e Liviao de Marrao. Festa Folk na Fin do Camino-Anchoa-Fisterra 2016  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios