Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Fisterra queda sen o seu selo de Patrimonio Europeo ante a irresponsabilidade municipal

Fisterra queda sen o seu selo de Patrimonio Europeo ante a irresponsabilidade municipal
O Cabo de Fisterra perde o Selo de Patrimonio Europeo

A falta de actividades previstas para o Plan de Actuación no marco do Patrimonio Europeo para o Cabo Fisterra, provoca que a Comisión Europea veñan de tomar a decisión da exclusión do Cabo Fisterra do Selo Oficial de Patrimonio Europeo. Unha auténtica e moi grave lacra para o sector turístico fisterrán, costeiro e mesmo galego. I é que dende 2008, no marco do I Aniversario despois da declaración como Patrimonio Europeo, non atopamos na nosa hemeroteca unha soa actividade sobre o asunto.

Hoxe é o BNG fisterrán o que afirma que van presentar unha pregunta á Comisión Europea relativa á decisión da exclusión do Cabo Fisterra do Selo Oficial de Patrimonio Europeo. Na pregunta solicítase información sobre o motivo no que se sustenta dita decisión, cantas notificacións de advertencia para rectificar as deficiencias tiveron as autoridades da Xunta e do Concello dende o 2011 (momento no que comeza a conversión do selo outorgado no 2007 para facelo oficial), e se existe posibilidade de reverter dita decisión, e de que modo.

Dende o BNG de Fisterra consideran “de impacto moi negativo esta noticia, que terá consecuencias para a promoción turística de Fisterra, a Costa da Morte, e incluso no ámbito da Galiza. Cualificamos o traballo do Concello de Fisterra e da Xunta coma de grave irresponsabilidade, dunha xestión pésima que nos leva a perder unha ocasión única na proxección turística internacional do Cabo Fisterra”, denuncian. “Estamos convencidos de que tiveron que ser advertidos nas sucesivas auditorías dos incumprimentos observados, co cal, a eles non lles pode pillar por sorpresa esta nova. Visto o procedemento de supervisión do avance das candidaturas (que dispón a Decisión  nº 1194/2011/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 16 de novembro de 2011, pola que se establece unha acción da Unión Europea relativa ao Selo de Patrimonio Europeo) tiveronnos que ocultar aos fisterráns o risco que había”.

Onte mesmo había pleno, onde o tema saíu á palestra sen moitos argumentos, ao tempo que se pregunta pola parálise do Plan Director do Cabo Fisterra. Curioso foi o feito de que o alcalde presentaba a primeira acción do Plan do Cabo, unha senda peoníl, importante pero insuficiente para manter o tan importante selo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios