Fisterra quere sentir que ten o Camiño
Que terá o Camiño que atrae a milleiros de persoas a máis de 50.000 peregrinos ao ano á fin da terra? Para sabelo, hai que vivilo, e que mellor que vestirse de peregrino por unha fin de semana para coñecer as sensacións.
Con esa intención, para que todos os fisterráns que se dediquen a hostalería sintan como é o Camiño, a Asociación de Piratas de Fisterra e a Asociación Anchoa organizan unha fin de semana facendo a ruta do Camiño Santiago-Fisterra. A cita será do 24 ao 26 de marzo.
Así, o venres arrincará un bus dende Fisterra ás 8:30h, para xa as 11:00h comezar a camiñada dende a porta do Camiño cara Negreira. Farase unha noite en Negreira e outra en Voleiroa para chegar o domingo sobre as 18:00h ao Faro da fin do mundo.
Un dos promotores, Roberto Traba Velay, que ademais vén de comprobar nas súas propias bochas a maxia do Camiño, sinala que se trata dun momento perfecto, antes de que ca Semana Santa empece a tempada peregrina no "noso Punto Final deste especie de xogo entre espiritual, lúdico deportivo e cultural que constituie hoxe en día o vieiro Xacobeo". De aí a importancia de que os "embaixadores nativos fisterráns" coñezan de primeira man as experiencias, para explicar, e para aprender.
Unha ocasión inmellorable de facerse peregrino, aínda que só sexa por 3 días.
Inscricións
Xa podedes informarvos sobre estas xornadas, e inscribirvos no Bar Galería 674 072 318, en Brigantia Viaxes 687308566, ou Bar Alberto 696196191.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).