Fisterra recupera a revista O Berrón

11:46 22/06/22
Como presta en Fisterra o concepto de publicación local, como o demostra a aínda activa, ogallá por moitos anos, "Eló".
Dende o 1987, o Centro Cultural Recreativo do Casino de Fisterra estivo realizando o boletín informativo e cultural O Berrón. Agora, o Departamento de Cultura vén de recuperar 8 exemplares da revista que pon á disposición da veciñanza na Biblioteca Municipal.
Entrevistas a fisterráns ilustres, poesía, anuncios, publicidades, relatos, historias, cancións, debuxos... forman parte deste tesouro recuperado para a hemeroteca pública.
Igualemente, pide á veciñanza axuda para recuperar o boletín nº6 da publicación para poder facer unha copa.
