Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fisterrania: Xerardo Vidal lévanos ata o medievo na Fin da Terra coa súa última novela

Fisterrania: Xerardo Vidal lévanos ata o medievo na Fin da Terra coa súa última novela
Fisterrania de Xerardo Vidal

A potencial simbólico da nosa fin da terra queda patente nas eternas referencias literarias chegadas dende todas partes. Porque non só os fisterráns falan da Fisterranía, e así o demostra un lucense na súa última novela. Xerardo Vidal disfrutou verdadeiramente coa súa “Fisterrania” (sen til), unha aventura que nos leva ata época medieval, no século XIII.

Sen ser unha novela histórica, ten como fío condutor unha peregrinación ata o fin da terra, onde pasarán numerosas aventuras. Vidal avisa: “A Fisterra que atoparedes aquí non é, con case total seguridade, a Fisterra real do século 13. É, por así dicir, unha Fisterra soñada”, cóntanos no ”como se fixo”.

Pero si que aparecen protagonistas de lendas como a bruxa Orca Vella ou o monstro Vakner.

É unha novela artesanal (absolutamente todo feito expresamente polo propio autor, dende a maquetación ata a portada) na que poderemos disfrutar de “aventura, sensualidade, certo morbo, algo de fatalismo e moita acción” Unha novela moi lixeira, moi fácil de ler.

Así que se queredes viaxar ata a Fisterra imaxinada do medievo, non tendes excusa, pois xa tendes a novela venda en Amazon coa versión ebook por menos de 2€.

.

 

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios