Venres. 19.04.2024
El tiempo

Galiza Nova Fisterra reflexiona sobre a perda da Bandeira Azul da Praia da Langosteira

Galiza Nova Fisterra reflexiona sobre a perda da Bandeira Azul da Praia da Langosteira

Xa vimos as praias que este verán lucirán Bandeira Azul da Costa da Morte. Unha das que a perdeu o distintivo de calidade foi a Praia Langosteira. E na vila do Cristo xa hai as primeiras reaccións.

É Galiza Nova Fisterra a que non quere esquencer "as necesidades máis urxentes da vila". "Falamos da perda da Bandeira Azul na Praia da Langosteira, unha certificación susceptible de crítica polos criterios de selección que se seguen para ser outorgada, mais que non deixa de ser un revulsivo para o turismo e para o prestixio de Fisterra", sinalan.

Queren "denunciar, polo tanto, este novo golpe á dignidade do noso concello, un golpe do que somentes podemos facer responsable ó goberno municipal, que levou este ano o mantemento das instalacións da praia a mínimos históricos. Só ó goberno corresponde o mantemento das infraestruturas, non só para a obtención da Bandeira Azul, senón tamén e sobre todo para o pleno disfrute dos veciños e veraneantes que queiran facer uso deste fermoso e emblemático areal", denuncian.

Esixen ademais "que se reparen canto antes as infraestruturas máis danadas (pontes, pavimento, pasarelas de acceso) e que se incremente o equipamento do paseo marítimo e da praia con novas papeleiras e cun sistema de iluminación axeitado para que os fisterráns e visitantes poidan disfrutar deste espazo a calquera hora". Piden "tamén que se sosteña un mínimo de limpeza e de mantemento diario ó longo de todo o ano, con especial reforzo durante as tempadas altas".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Galiza Nova Fisterra.

Comentarios