Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os hostaleiros do porto de Fisterra estoupan: 11.000€ por unha terraza e o estado do porto é deplorable

Terrazas en fisterra
O custe das taxas das terrazas no porto de Fisterra enerva aos hostaleiros cansados dos continuos problemas
Os hostaleiros do porto de Fisterra estoupan: 11.000€ por unha terraza e o estado do porto é deplorable

A taxa de Portos de Galicia por unha mesa de 4 persoas na terraza custa 125€/mes. Hai restaurantes que teñen pagado 11.000€ ao ano por poder ter a súa terraza no porto fisterrán.

As cifras son realemente desorbitadas (tendo en conta que por exemplo unha terraza municipal pode chegar a pagar 400-500 por temporada). Pero o que máis indigna á hostalería de Fisterra é o estado do porto. “O problema é que con todo o que cobran, o estado do porto cada vez vai a peor”.

Sumidoiros que rebosan polos baños dos establecimentos cando chove; moitas das cubertas que están esdoladas e teñen pingueiras; as antenas wifi funcionaron apenas un ano; as barandas de protección están enferruxadas… Ademais tampouco teñen permiso para facer melloras nas terrazas, nin sequera pintar o chan.

E todo isto pagando unhas taxas de Portos de nivel 1, a mesma categoría que Sanxenxo ou Vilagarcía con menos da metade dos servizos.

Estado de portos

Reducións polo Covid

As taxas municipais foron eliminadas durante todo o ano. A sorpresa chega co anuncio de Portos de Galicia, que anuncia a súa medida estrella para axudar á hostalería: “Os propietarios dos negocios de hostalería con terraza ao aire libre en espazos portuarios quedarán exentos do pago das taxas correspondentes ao período entre o 14 de marzo e o 11 de maio”

É dicir, non pagarán por algo que non usaron, pero nin unha soa medida compensatoria. Deixou aberto no seu día a presidenta de portos a posibilida de “tomar medidas excepcionais de xeito individualizado para facilitar a colocación de mesas ou a ampliación de superficie para as datas posteriores ao 11 de maio”.

Polo outro lado do espectro político, o BNG, despois dunha xuntanza con representes do sector hostaleiro de todo o litoral galego (entre eles o Presidente da asociación de turismo Angel Rivas e Carlos Piñeiro do Arco da Vella), solicitoulle a Portos que eliminase as “taxas abusivas”.

Recollida de Sinaturas

A día de hoxe a hostalería de Fisterra está recollendo sinaturas, alegando que “a diminución do número de mesas e aforo interior nos locais de hostalería fai que o uso das terrazas sexa imprescibdible á hora de tratar manter os negocios e os postos de traballo directos e indirectos ligados a este sector”.

”É incomprensible como a Xunta, concretamente Portos de Galicia, lonxe de axudar aos negocios anulando de xeito excepcional as taxas mentres duren os efectos da pandemia, decide cobrar incluso o espazo que teñen que ocupar para manter as distancias sociais obrigatorias por normativa de prevención”, continúa a carta.

Lembran que as taxas de Portos triplican ás municipais, e que moitos concellos anularon as taxas durante o 2020. Lembran a dependencia nun 70% da temporada estival.

Por iso, “solicitan a Portos que deixe sen efecto o cobro das taxas de ocupación e exploitación da vía pública”.

Comentarios