Kuka Sar presentou a súa lista na que destaca a presencia de Ana Miranda
- “Temos o Dream Team das Candidaturas de Fisterra”, sinalou Sar.

Este pasado venres tivo lugar a presentación da lista do BNG de Fisterra. O candidato, o actual teniente alcalde Kuka Sar, estivo arroupado pola deputada no parlamento Noa Presas, e por Ana Miranda. Foi unha das protagonistas a eurodeputada pois se descubriu que é integrante da candidatura do BNG Fisterra.
”Volvo presentarme ás eleccións como candidato porque estou coa mesma ilusión, coa mesma forza e coa mesma responsabilidade que tiña no 2015, a primeira vez que me presentei como candidato á alcaldía”, abrñia Kuka. “A mesma responsabilidade e ilusión, pero tamén unha maior experiencia en política municipal e sobre todo no que é o día a día do noso concello”.
Sar sinalou que “a xente do bloque asumimos o papel de representantes públicos como hai que asumilo, con enerxía e exercémolo dentro e fóra do concello, as 24 hoas. Estamos convencidos que dende a alcaldía poderíamos chegar a ter moito máis poder de decisión en cousas en cousas moi importantes, como é a cesión do faro”, sinalou. “Queremos facer que Fisterra lidere a Costa da Morte que de verdade vaia na proa e temos a equipa necesaria para poder levalo adiante. Temos o DeamTeam das candidaturas de Fisterra”, apuntou.
Sobre a integración da eurodeputada Ana Miranda na candidatura suliñou que “Ana implícase, ata o fondo, ata o final. E faino con todas as consecuencias. Grazas Ana, por ir no noso barco, pola túa implicación para poder millorar este pobo e a vida das nosas xentes e por pensar que non hai lugar no mundo máis internacional que Fisterra”.
”Fisterra é a capital da pesca”

Con esa frase arrincaba Ana Miranda a súa participación. A eurodeputada falou de prezos, de cotas, da importancia da pesca artesanal para Fisterra, para evitar que “os Galegos e as Galegas voltan a emigrar, e non só a xente nova. Cada vez emigran mais galeg@s de 50 ou 60 anos. Ana propón un modelo municipal diferente, con capacidade de futuro, liderado polo BNG.
”Podemos facer un futuro diferentes, non imos permitir que traizoen a este país”, sinalou Presas facendo referencia aos gobernos populares e socialistas que levan gobernando a Xunta durante décadas, que non deixaron ningún centro de día na vila, que recutaron 2.300 millóns na Sanidade Pública nos últimos 14 anos.
Lanzou tamén críticas a PP e PSOE por romper o consenso do 2009 no que non se permitía a implantación da eólica mariña. “A eólica mariña é unha cuestión seria, e no BNG o sabemos”.
A lista<
A candidatura é a seguinte:
- 1. Xan Carlos Sar Oliveira (Kuka).
- 2. Teresa Fernández Martínez.
- 3. Cristina Camba Daparte.
- 4. Marisa Domínguez Vázquez.
- 5. José Insua Insua.
- 6. Belén Outes Ruibo.
- 7. Paula Nemiña Lires.
- 8. Mónica Góñez Silva.
- 9. Jacobo Louzán Suárez.
- 10. Ramón López Valdomar.
- 11. Ana Miranda Paz.
- Suplente 1. Borja Trillo Traba.
- Suplente 2. Noelia Papín Estevez.