Luns. 06.05.2024
El tiempo

Un grupo de blogueir@s percorre a comarca para divulgar o potencial astroturístico da Costa da Morte

BlogTrip2023_CostadaMorte
Blogueir@s no Pindo
Un grupo de blogueir@s percorre a comarca para divulgar o potencial astroturístico da Costa da Morte

Co afán de mostrar e divulgar o potencial astroturístico da Costa da Morte nas redes, un grupo de seis blogueiros e blogueiras profesionais de viaxes con máis de 50.000 siareiros e medio millón de visitas ao mes iniciaron onte, da man da CMAT, unha ruta de catro días para dar a coñecer un territorio que xa é referente no turismo das estrelas

Nuria e Sergio de TOXÍO, Rubén de @caminanteplanet, Dani Keral de “Un Viaje Creativo”, Eva Aval de “Una idea, un viaje”, e Angelina Baldrich percorrerán a Costa da Morte para mostrar nas súas redes sociais a cultura, patrimonio, natureza e o ceo nocturno do xeodestino
Manuel Muíño, presidente da CMAT e alcalde de Zas: “Temos un territorio privilexiado para a observación do ceo e queremos dalo a coñecer”

A organización do itinerario xurdiu dunha estreita colaboración público-privada e do traballo conxunto co equipo de Monitores/as Starlight, no que o astroturismo serve de fío condutor para dar a coñecer a riqueza do patrimonio natural e cultural da Costa da Morte.

Os blogueiros e blogueiras que, do 9 ao 12 de agosto, mostrarán a Costa da Morte nos seusbcanais. A meirande parte dos servizos e das actividades programadas neste Blogtrip realízana empresas socias da CMAT, de APTCM (Asociación de Profesionais Turísticos da Costa da Morte), adheridas ao SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino) e/ou Monitores/as Starlight”. Isto é froito da orientación da CMAT cara a mellora da competitividade do sector, traballando na creación de sinerxías co obxectivo de visibilizar as entidades implicadas no incremento da calidade das experiencias turísticas, a preservación dos ceos nocturnos e o fomento da sostibilidade no destino Costa da Morte.

Despois de coñecer o Faro Touriñán e os petróglifos de As Laxiñas, este xoves fan unha visita guiada ás 10.30 horas por unha parte do Camiño dos Faros para, posteriormente, colaborar nunha recollida de lixo na praia de Mar de Fóra. Xa pola tarde, coñecerán a vila de Corcubión, desde onde sairán cara as Illas Lobeiras. Rematará o día co solpor na ría de Lires e, tras a cea, os participantes
iniciaranse na astrofotografía nocturna mediante un obradoiro na praia de Nemiña.

Paddle surf, Ruta das Estrelas e Carballeira de Zas

O venres 11 de agosto, comezará cunha camiñada polo esteiro do río Anllóns, desde Ponteceso ata Balarés, e continuará cunha práctica de paddle surf. Pola tarde, está prevista a visita ás praias de Laxe e a ruta da Insua, rematando o día coa participación na Ruta das
Estrelas, desde Dombate ata o Castro de Borneiro, guiada por Jorge Mira, catedrático da USC e embaixador de excepción da Costa da Morte.
O final do Blogtrip Costa da Morte chegará o sábado, 12 de agosto, cun paseo polo Street Art de Carballo, no que coñecerán algúns dos murais de graffiti máis emblemáticos da vila; para pechar o día e a viaxe na 33 edición da Festa da Carballeira de Zas, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.
 

Comentarios