mércores. 30.04.2025
El tiempo

Máis de 200 persoas participan nun concurso internacional de pesca deportiva

Máis de 200 persoas participan nun concurso internacional de pesca deportiva
O clube de pesca deportiva O Capote celebrou recentemente unha competición na praia de Laxe O clube de pesca deportiva O Capote celebrou recentemente unha competición na praia de Laxe As praias de Langosteira e Sardiñeiro, de Fisterra, acollen mañá sábado o escenario do I Open Internacional de Surfcasting Captura e Solta "O Capote" "Golden League"; unha competición organizada polo clube de pesca deportiva "O Capote". Este campionato, que se disputará por parellas, está incluido no calendario da Federación Española de Pesca e Casting e rexirase polo reglamento de dita federación. Levarase a cabo baixo a modalidade de captura e solta e disputarase a dúas mangas. Como esceario alternativo, por se a organizacióno estimase oportuno, están as praias de Laxe e Soesto. A concentracións dos participantes e acompañantes será no hotel Ínsua de Cee. A organización permite un máximo de 140 participantes (70 parellas) polo que se espera unha afluencia de máis de 200 persoas na zona. O evento terá cobertura pola prensa e televisión a nivel nacional e ten un bo número de seguidores a través das redes sociais.   Presentación de PowerPoint

Comentarios