Mariscadoras de Muros descubren a cociña creativa a través dos productos do mar
08:08 22/06/18
Miguel Mosteiro dirixiu un obradoiro sobre a elaboración de diferentes pratos a base de conserva
Un bo grupo de mariscadoras da ría de Muros-Noia participaron estes día nun obradoiro que tivo lugar no Viveiro de Empresas de Noal, en Porto do Son, no marco do programa EMBARCA da Rede de apoio e promoción das mulleres do mar Candieira, unha experiencia de acompañamento que busca prototipar e probar novos modelos de intercambio asociados ao mar, aos seus produtos e ao patrimonio natural.
As participantes comezron por recoñecer os alimentos que Miguel Mosteiro - un mariñeiro antes que chef - escolleu para unha sesión de cociña dedicada á elaboradción de diferentes pratos a base de conserva.
Un dos momentos máis emocionantes do obradoiro foi o de abrir as latas e comprobar que todo lucía e sabía delicioso. A partir de aí comezou a sesión práctica: aprenderon a limpar a xarda, a abrir os salmonetes, a aproveitar as vísceras, as cabezas e as espiñas para facer salsas e fumet mentres seguían os consellos de Miguel Mosteiro á hora de preparar elaboracións pouco habituais nas cociñas familiares como o ceviche de berberechos con cebola morada; o risoto de codium con berberechos; a xarda lacada con risoto de berberechos e codium; os salmonetes con touciño ibérico, chícharos, salicornias e salsa dos seus figadiños ou as fabas con ameixas en emulsión de codium.
O cociñeiro do grupo IN9 Eventos mostroulles ás participantes de Saberes e Sabores o potencial das conservas, a súa versatilidade gastronómica e o ben que combinan con outros froitos do mar e da terra. Compartiu con elas as receitas e animounas a seguir explorando os produtos mariños, como recursos culinarios e produtivos.
Novas relacionadas
- Candieira leva a Muros o seu taller de ideas
- Candieira organiza en Cabana un taller de xeración de ideas
- Bota a andar o proxecto Candieira, un proxecto en clave de muller, mar e rede
- Bota a andar Candieira, unha rede de apoio e promoción das mulleres do mar.
- As redeiras, pioneiras en materia de prevención.
- Calafateando: Redeiras, invisibles pero imprescindibles.
- Maio 2017: As Redeiras de Corme, artistas en Cee.
- Abril 2017: As Redeiras do Peirao entregan a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo ao Museo do Pobo Galego.
- Un proxecto do Galp Costa da Morte potenciará o turismo industrial
- Do GAC ao GALP pero mantendo a disección da Costa da Morte
- Redacción QPC ([email protected])
- Galp Costa da Morte