sábado. 01.11.2025
El tiempo

Recunchos da Costa: Praia do Restrelo

Recunchos da Costa-Praia Restrelo Fisterra
Recunchos da Costa: Praia do Restrelo

Hai cousas que é mellor que nunca cambien. E nos últimos 20 anos apenas se notan cambios na praia do Restrelo, en Fisterra. Situada entre os areais de Estorde e Sardiñeiro, trátase dun agochado, pequeno e tranquilo areal, só frecuentado pola veciñanza polo complicado acceso.

De area moi fina, con pozas cheas de vida na marxe dereita da praia, e unha auga habitualmente cristalina, o Restrelo é o mellor lugar para olvidarse do ruído e disfrutar dun baño solitario. Cómpre facer unha escapada polos laterais para ver covas e demais formación rochosas.

Cova na praia do Restrelo-Foto-Ivan Fraga Moure copia 2
Cova na praia do Restrelo-Foto-Iván Fraga Moure
Praia Restrelo Fisterra-FotoNuno Simoes copia 2
Praia Restrelo-Foto- Nuno Simoes
Praia de Restrelo Fisterra dende o mar
Praia de Restrelo Fisterra dende o mar
Praia Restrelo Aerea coa de Sardineiro
Vista aéreado Restrelo coa praia de Sardiñeiro ao fondo

Como chegar

Camino de entrada ao Restrelo
Sendeiro de entrada ao Restrelo

Para chegar cómpre coller un sendeiro que parte da estrada vella que hai xusto embaixo da rotonda do Corredor.

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA

 

Comentarios