Venres. 29.03.2024
El tiempo

Micromecenas para salvar da queima o Gran Libro dos Señores Importantes

Micromecenas para salvar da queima o Gran Libro dos Señores Importantes
O gran Libro dos Señores Importantes Campaña en Verkami para salvar O gran Libro dos Señores Importantes da queima Da exposición Adopta un Señor Importante ao Gran Libro dos Señores Importantes. Esta é a nova aposta da artista moldava afincada en Fisterra, Natasha Lelenco. E para conseguilo quere convertirnos en editores e mecenas a todos os que queremos a arte. A través da Verkami está en plena campaña de micromecenazgo ou crowfunding para recabar fondos para a edición do Gran Libro dos Señores Importantes.

Haberá que poñer o noso grao de area porque de non saír adiante o proxecto, “esta colección de retratos de personaxes históricos e inventados que arderá, se unha adopción a tempo non o remedia, na seguinte noite de San Xoán”, como nos explica a propia artista.

Natasha Lelenco Natasha Lelenco

Lelenco abría as portas da Casa das Peritas como circustancial galería de arte a pasada semana Santa. Facíao precisamente cunha exposición de pinturas (moitas realizadas sobre troncos) que agora quere levar ao papel. Unha exposición que estivo xa en Boiro, Ourense e Lugo, pode verse agora ata o vindeiro 21 de xuño, no espacio de arte Os Catro Gatos (Rúa das Rodas, 13, Santiago de Compostela).

O libro vai ser o segundo proxecto editado desde A Casa das Peritas Editora Agrimensora, iniciativa desde a aldea de Mallas, Fisterra, que se presentou no ano 2015 coa edición do libro “Fin da Terra Costa da Morte”, una colección de postais que poñía sobre o papel o proxecto expositivo do mesmo nome que puido verse no Faro de Fisterra.

Como colaborar

A campaña lanzada en Verkami, que debe alcanzar un obxectivo de 5400 euros que se destinarán enteiramente a súa edición, ven de alcanzar os 2200€ financiados en pouco máis de dúas do seu lanzamento. “Se unhas 250 persoas se animan a facerse con algún dos exemplares do libro por adiantado, a súa participación fará posible a edición e xustificará esforzo, no caso contrario tampouco é tan dramático, como os Señores Importates sobrevivirán ao lume se alguén os adopta, o mesmo libro chegará a ser se a xente lle interesa”, di Natasha Lelenco.

Para participar:

  • Verkami: O gran Libro dos Señores Importantes.
  • Novas relacionadas

    Fonte

    Comentarios